jueves, 10 de octubre de 2013

Manuel Álvarez Torneiro (1932 )

 


Abril

Abril é penetrante ata drogar
a saúde que teño
a salvo nas palabras.

É fría, como un rancor, a auga
espida no meu rostro.

Agora estou durando espesamente.
A penuria levanta un alpendre de outono,
un circo de insufribles luminarias,
ofrece a súa maxia de cartón
es os tristes transformistas
que algunha noite cean un recordo
e unhas doses de calcio.

E pasan trens con vidros afumados,
con luces de sepelio, e soa
a canción onde ninguén
atopará acubillo.

Resiste aínda a muller da alcuza.
E os mortos fanse grandes,
entran a duras penas nalgún verso,
pechan o bulevar dalgunha aurora,
extravían un vulto mal atado

O fume fía os días do suburbio
e hai animais dobrados de fatiga
e a roupa sufrida que a suor embrutece,
o gasóleo dun luns iconoclasta;
e hai un destempo inmóbil e uns seos
vanamente esquecido.

Unha man amarela apaga o candelabro:
o que queda da tarde en esperpento.

Un sol sucumbe en ouro de holocausto.

E o mundo abre un hospital inútil
a onde levarán un neno roto
no infinito accidente deste tempo.

Abril son doce meses cada ano.


(texto tomado del sitio "el cultural")

No hay comentarios:

Publicar un comentario